lunes, 27 de enero de 2014

Os 100 Km dos International Trekkers Barbanza Sar


Baseándonos na experiencia dos 24 camiñantes que fixeron a primeira andaina de 100 en xuño do 2013 polos concellos de Boiro, Lousame, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, os International Trekkers Barbanza Sar lanzámonos a organizar a primeira camiñata pública de ultrafondo (100 kilómetros) de Galicia.
A andaina percorre vales, montes, beiramar, regos e ríos, e nun 85% lonxe do asfalto. Se nunca fixeches unha andaina de 100km en 24 horas, este pode ser un fermoso reto para o 2014. Se xa fixeches algunha, esta non é a máis dura, pero si que é das máis bonitas, ó ter vistas de duas rías e poder ver dende Fisterra ata Oia, toda a costa sur galega.
A andaina non ten restriccións de tempo: Pódela facer a correr, a trotar, a andar, ou indo á pata coxa, pero tes que chegar antes de 24 horas. Está deseñada para que sexa posible para unha persoa afeita a facer andainas de 50km. Imos facer 100km. Vés?
O percorrido do 2014 percorre os seguintes lugares, entre outros:
Apuntarse ós 100 dos International Trekkers de 2014 é moi simple a través do pagamento seguro da pasarela PayPal. Cunha tarxeta de creto (Visa, Master Card), podes facer o pagamento da andaina.
Do 15 de xaneiro ó 28 de febreiro o custe da inscrición é de 40€.
A partir do 1 de marzo e ata o 10 de xuño, a inscrición pasa a ser de 50€.